11/07/2007

MIGUEL RODRIGUEZ NOVAMENTE MELLOR PROMESA NACIONAL


TALAVERA DE LA REINA , foi o escenario nesta ocasion en donde a Gala Nacional de Piraguismo, fixo entrega a Miguel Rodriguez Galban do Premio de Mellor Promesa masculina despois dos seus grandes logros esta temporada, en donde destaca o Campionato de Europa en C1 500 mtrs. e o subcampeonato do Mundo na mesma distancia.

9/19/2007

MIGUEL RODRIGUEZ CAMPEON DE EUROPA JUNIOR C1 500 M

MIGUEL RODRIGUEZ logrou o Campionato de Europa en C1 Junior 500 metros , logrando así o unico ouro para a selección española junior nestes campeonatos. Tamén participou Luis Figueira en C2 xunto a André Oliveira que non se clasificaron para finais por escasas milesímas.
MIguel Rodriguez xunto Luis estará para a temporada 2008 no equipo nacional sub-23

8/13/2007

MIGUEL RODRIGUEZ SUBCAMPEON DO MUNDO JUNIOR

MIGUEL RODRIGUEZ ven de proclamarse subcampeon do Mundo Junior na Republica Checa en donde acadou o 2º posto na proba c1 junior 500 metros. mentras que na distancia do kilómetro tubo que conformarse cunha discreta 4º plaza despois dun mala regata do deportista rianxeiro. o outro participante neste Campionato do Mundo Junior, Luis Figueira acadou o 9º posto en C2 na final de 500 metros mentras que nos 1000 metros foi semifinalista.

estos dous rianxeiros de ouro no deporte deste concello volveran a vestir a camiseta española no campionato de Europa a finais de Agosto. sorte

6/13/2007

Miguel e Luis o Mundial Junior

a Real Federación Española de Piragüismo confirmou a participación dos dous deportistas rianxeiros para o proximo campeonato do Mundo, Miguel participara en 1000 metros e 500 metros en C1, mentras que Luis Figueira participará xunto a André Oliveira en C2 nas dúas distancias.
tamen se confirmou que Miguel Rodriguez será o unico canoista junior que representará a España no Europeo Junior.

MIGUEL RODRIGUEZ GALBAN CAMPEON DE ESPAÑA MASTER

MIGUEL RODRIGUEZ GALBAN, continua coa sua excelente temporada no seu segundo ano de Junior e venceu no embalse de Trasona (Asturias) o Campeonato de España Master en C1 Junior, vencendo nas dúas distancias. Luis Figueira lograría o 4 posto final despois do 3º posto en 1000 metros e o 4º en 500 metros.

4/26/2007

2 ouros na copa de españa 500 metros


MIGUEL RODRIGUEZ imporiase en C1 Junior por diante de David Maquieira de O MUIÑO, mentras que en C2 acompañado por Luis Figueira vencerían novamente as embarcacions de Catoira e Ribadumia respectivamente que os acompoñaron no podio.

a seguinte cita da Copa de España de Pista será o Master en Trasona (asturias).

3/20/2007

bronce e plata no Campionato de España en Sevilla

o pasado 10 e 11 de Marzo Sevilla foi a capital do piraguismo nacional coa disputa nas instalacións do CAR de La Cartuja do Campionato de España de Inverno en donde o palistas rianxeiros lograron subir o caixón na sua categoria C1 JUNIOR sendo Miguel Rodriguez segundo por detras do canoista de O Grove Cristian Ribadomar, mentras Luis Figueira conformouse coa medalla de Bronce.

2/12/2007

MIGUEL RODRIGUEZ, mellor promesa masculina 2006

Miguel Rodriguez Galvan, foi declarado na Gala da Federación Galega de Piraguismo celebrada o pasado 10 de febreiro en Tuy como MELLOR PROMESA MASCULINA da temporada 2006. con este premio Miguel ve recoñecida unha espectacular temporada na que se alzou co subcampeonato de Europa Junior en Atenas.